Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Debullando a tecnoloxía | As polgadas das pantallas. Que son e como se miden

$
0
0
pulgada

Seguro que estás canso de escoitar falar desta unidade de medida:  os televisores, os móbiles… hoxe repasamos que son exactamente as polgadas e como se miden as pantallas dos trebellos.

pulgadaUnha polgada é unha unidade de medida antropométrica; isto é, relacionada co corpo humano. Equivale ao ancho da primeira falanxe do polgar e foi moi empregada en moitos países do mundo.

Como estarás pensando, esta medida podía variar entre persoas e, sobre todo, entre países. De feito, cada país fixaba a medición da súa polgada en función da falanxe do rei. Por exemplo, a polgada en Castela medía 23,22 milímetros, e a polgada inglesa é de 25,4 milímetros. A introdución do Sistema Métrico Decimal no século XIX fixo caer en desuso esta medida.

Actualmente a polgada está fixada en 25,4 milímetros, e emprégase para a medición de televisores, monitores, teléfonos… e canos! Cando escoitas falar dun “cano de 20” refírese ao tamaño en polgadas do cano (neste caso, dunha polgada e un cuarto).

Outras medidas antropométricas son o pé (30,48cm ou o tamaño dun pé) ou a iarda (91,44cm ou a distancia dende o nariz ata a punta dos dedos dunha man), que se empregan no mundo anglosaxón.

Que se mide, o alto ou o ancho da pantalla?

Ningunha das dúas formas: para medir as polgadas que mide unha pantalla empregamos a diagonal, dende a esquina inferior ata a esquina superior oposta. Contamos o número de polgadas que ten esa liña diagonal e… xa teño o tamaño da pantalla

Fonte: comologia.com

Fonte: comologia.com

Hai móbiles máis cómodos ca outros e non so ten que ver o tamaño da pantalla

Efectivamente; como medimos a diagonal para coñecer o tamaño da pantalla, pode ser que varios terminais coincidan no tamaño en polgadas da pantalla, pero os que resultan máis anchos (e, por tanto, menos altos) son máis incómodos na man.

Outros factores que inflúen na comodidade son a curvatura da parte traseira (a curvatura produce máis sensación de comodidade e mellor agarre) ou o borde do terminal (se é máis fino, será máis cómodo).

The post Debullando a tecnoloxía | As polgadas das pantallas. Que son e como se miden appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú