
O último informe sobre “a sociedade da información en España” que elabora Telefónica revela o sorpasso do móbil no acceso a Internet. Na infografía deste mes presentámosche algúns outros datos de interese deste informe.
Máis de 27 millóns de españois teñen acceso a Internet e, o que é máis importante, moitos son usuarios regulares. Case o 82% das persoas que teñen acceso a Internet, conéctanse diariamente. Iso quere dicir que máis da metade dos españois se conectan a internet todos os días.
No que respecta aos accesos a internet, por primeira vez o acceso á internet se realiza con maior frecuencia dende un teléfono móbil que dende un ordenador. A penetración dos smartphones e as tarifas de datos nos móbiles consolídanse como vías de acceso para a maior parte da poboación.
Dentro dos usos máis estendidos da rede, a mensaxería instantánea lidera o ranking de preferencias dos usuarios, aínda que o consumo de vídeos e música e o uso de redes sociais tamén é elevado.
O uso de antivirus está bastante estendido: ata un 83% dos usuarios de internet o empregan (e dende aquí seguiremos insistindo para chegar a máis xente; a seguridade informática é fundamental).
Por último, unha tendencia á alza: os bloqueadores de anuncios, ferramentas que permiten anular ou minimizar a publicidade en Internet. Xa as emprega un 14% dos usuarios de internet, e seguirá a medrar nos vindeiros anos.
Consulta o informe completo aquí
The post A infografía do mes | o tráfico web móbil supera ao tráfico web en computadoras appeared first on Xente Dixital.