
Tes a sensación de que a batería do teu teléfono dura menos ca antes? Aplicacións que se executan buscando actualizacións, que se executan en segundo plano, notificacións “push”, sincronización de datos na nube… son moitos os factores que poden facer que a batería do teu teléfono móbil se esgote máis rápido do normal. Un informe de AVG revela cales son as aplicacións que máis baterían consumen.
Aplicacións que máis datos e máis batería consumen: Facebook, Instagram, Google Play Services, KakaoTalk y WhatsApp
Xogos: Candy Crush Jelly Saga, Candy Crush Soda Saga, Clash of Clans, Farm Heroes Saga, Don’t Tap The White Tiles
Particularmente, estas son as que maior impacto causan no rendemento dun teléfono móbil, segundo o Informe AVG
- Google Play Services
- BBM (BlackBerry Messenger, aplicación de mensaxería instantánea)
- Messenger (Facebook, aplicación de mensaxería instantánea)
- ChatOn (aplicación de mensaxería instantánea)
- Facebook Pages Manager
- The Weather Channel (aplicación para consultar as predicións meteorolóxicas)
- Kakaotalk (aplicación de mensaxería instantánea)
- WhatsApp Messenger (aplicación de mensaxería instantánea)
Algúns consellos para aforrar batería
Coida as aplicacións en segundo plano. Evita que se conecten as aplicacións que non estás a executar. Por exemplo, mapas que empregan a xeolocalización.
Baixa o brillo da pantalla dependendo das circunstancias. Podes mellorar a duración da túa batería se baixas o brillo da pantalla e o controlas manualmente.
Emprega o “modo avión” onde non teñas cobertura; evitarás que o teléfono estea constantemente buscando a cobertura e consuma batería innecesariamente
Instala Greenify: permite hibernar de xeito rápido e sinxelo as aplicacións que máis batería gastan no noso teléfono móbil.
Fonte: Hipertextual
The post Sabes cales son as aplicacións de android que máis batería consumen? appeared first on Xente Dixital.