
Excel é o programa de creación e xestión de follas de cálculo por excelencia. Aínda que existen outras opcións como Libreoffice ou Google Docs, o programa de Microsoft é na actualidade uno dos máis utilizados para esa tarefa.
Nin máis nin menos, a semana pasada Microsoft Excel cumpriu 30 anos, e aínda que os anos pasan por el grazas ás diferentes actualizacións, segue servíndonos para xestionar follas de cálculo como o primeiro día. Pero o que seguro que moitos non saben son as outras cousas que se poden facer co programa de Microsoft. Hoxe ensinámosvos unha lista coas máis curiosas:
Arte
Lestes ben. Co Excel pódese facer arte, e se vos custa crelo mirade a obra de Tatsuo Horiuchi, que utiliza a ferramenta de creación de formas do programa para crear cadros tan impresionantes como o que acompaña este artigo.
Animacións dos anos 90
Botas de menos a década dos 90? Pois tamén o fixo este usuario, que grazas á linguaxe de programación Excel VBA, foi capaz de crear estas animacións tan noventeras cunha simple folla de cálculo. A música de 8 bits é poesía para os nosos oídos.
Un clon de Tetris
Procrastinas na casa? Pois podes programar en Excel un clon do Tetris e retar aos teus compañeiros para conseguir a mellor puntuación. Isto é o que fixeron Hamish e Andy, que se sacaron da manga este xogo que se executa na folla de cálculo.
The post Tres cousas que podes facer co Excel e que seguro que non sabías appeared first on Xente Dixital.