Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Que teñen en común ovellas e Google Street View?

$
0
0

Se vives nun arquipélago de illas como as Illas Feroe seguro que te sentes illado do mundo. Pero non por estar illado tes que dar as costas á tecnoloxía. Iso é o que pensaron os habitantes do lugar cando, despois de moito insistir a Google, decidiron facer o seu propio Google Street View e poñer ás ovellas como as máximas protagonistas.

Por que ovellas? Aproveitando a inxente cantidade de gando bovino que pasta ás súas anchas polo arquipélago, o grupo encostou cámaras aos lombos dos animais e montou o seu propio Google “Sheep” View.

A iniciativa gozou de amplo percorrido nos medios internacionais. Á fronte dela atopábase Durita Dahl Andreassen novo local ideóloga do proxecto. As ovellas pasearían polos diversos e moi variados recunchos da xeografía das illas e xerarían imaxes 360º, ao modo do Google Car, que máis tarde se envorcarían nun mapa do arquipélago. O obxectivo, promocionar as moitas marabillas paisaxísticas das Illas Feore.

A iniciativa fixo tanto ruído que Google puxo na súa lista de quefaceres ás Illas Feroe e, tempo despois, o arquipélago xa ten o seu propio Google Street View. Finalmente, as fotografías achegadas polas ovellas quedaron bastante descartadas, pero se visitamos a zona, aínda podemos ver algunha con lombos dos animais incluídos.

Se é que cando a montaña non vai a Mahoma, é Mahoma o que ten que ir á montaña… ou as ovellas neste caso.

The post Que teñen en común ovellas e Google Street View? appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú