Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Fai hoxe 271 anos… nacía Alessandro Volta, o inventor da pila eléctrica

$
0
0
Alessandro_Volta

Alessandro_VoltaAlessandro Volta (Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta, 1745 – 1827) foi un físico italiano coñecido pola súa investigación no mundo da electricidade. En 1774 produce a corrente continua e o primeiro aparello que permite transferir electricidade a outros obxectos.

Hoxe cústanos imaxinar un mundo sen electricidade; todo o que nos rodea está vencellado dalgunha ou doutra maneira á ela, ben sexa porque a precisamos para que funcionen os nosos trebellos, ben sexa porque dá soporte ao noso día a día de maneira ininterrompida.

Estes son algúns dos inventos ou descubrimentos que lle debemos a Alessandro Volta, e polos que hoxe en día merece ser recoñecido dentro do mundo da ciencia.

A pila voltaica

pila voltaicaNo ano 1800 demostrou o funcionamento da primeira pila eléctrica; a pila voltaica daba inicio aos dispositivos non recargables que converten enerxía química en enerxía eléctrica.

O físico italiano apiou (por iso o nome da “pila”) varios discos do mesmo tamaño de cobre e zinc, de forma alterna e con panos húmidos empapados en auga salgada. O primeiro e o último disco eran de metal diferente, de maneira que conectando cun arame os discos dos extremos obtíñase unha corrente eléctrica.

Continuando nesta liña de investigación, experimentou con diversas sales para mollar os panos, conseguindo correntes eléctricas maiores.

O gas metano

A actividade de Volta non se centrou exclusivamente na física. Entre os anos 1776 e 1778 dedicouse á química, descubrindo e illando o gas de metano. Con este gas experimentou ata conseguir a súa ignición – é un gas moi inflamable – nun globo de cristal a partires dunha chispa eléctrica.

O voltio

En honor a Alessandro Volta, a unidade derivada do Sistema Internacional para o potencial eléctrico, a forza electromotriz ou a tensión eléctrica chámese Voltio (e represéntase co símbolo V), e resulta sumamente importante para medir a potencia da electricidade. A voltaxe dunha batería de automóbil adoita ser de 12 voltios, e a da corrente eléctrica doméstica de 120 voltios

Lembras cando falamos dos SAI? Estes trebellos exercen unha función de estabilizadores de tensión, para que non se avaríen os teus equipos ante incidencias da rede eléctrica. E todo comezou coas investigacións de Alessandro Volta.

The post Fai hoxe 271 anos… nacía Alessandro Volta, o inventor da pila eléctrica appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú