
Spotify é unha das aplicacións que máis usamos no noso día a día para escoitar música en streaming. O que non sabemos é que a aplicación da icona verde serve para moito máis que para escoitar música e facer nosas propias listas.
Hoxe ensinámosvos cinco trucos para aproveitar Spotify o máximo posible.
Aproveitarnos da recompilación semanal
Desde hai uns meses Spotify proporciónanos unhas listas chamadas Descubrimento Semanal que incluían suxestións personalizadas para cada usuario. O que ocorre é que se non as gardamos, cada semana perdemos unha lista que na maioría de ocasións acerta.
Para atopar a recompilación semanal hai que ir á sección explorar, e no submenú descubrir atoparemos a lista coa nosa fotografía como imaxe.
Playlist infinita cos nosos gustos
Se hai unha canción que nos encanta e queremos escuchar máis temas similares, hai que facer clic dereito na canción e elixir a opción Ir a radio da canción. Xerarase automaticamente unha lista de reprodución infinita con cancións relacionadas á que estabamos a escoitar.
Ocultar a nosa actividade
Ás veces non queremos que os nosos contactos saiba o que estamos a escoitar. Para ocultar a nosa actividade temos que ir a Arquivo e activar a opción “Sesión privada”
Atopa o que escoitaches onte
En ocasións queremos saber como se chamaba a canción que escoitamos onte e que tanto nos emocionou. Para atopala, tan só temos que ir á sección cola que está dispoñible á beira do volume nas aplicacións de Windows e Mac. Aí teremos que ir a Historial e ver as cancións que reproducimos antes.
Escoitar música no noso Chromecast
Spotify é compatible con Chromecast polo que podemos escoitar música nun televisor ou nun altofalante conectado ao sistema de Google. Para facelo tan só hai que facer clic en “Dispositivos dispoñibles” (á beira do volume) e seleccionar o dispositivo onde queremos escoitar.
The post Cinco trucos para aproveitar Spotify ao máximo appeared first on Xente Dixital.