
Cando nun servidor web non se atopa unha páxina solicitada, o erro que aparece é o 404, que significa que o arquivo solicitado non existe no servidor. Cando navegamos atopámonos a miúdo con este erro e, aínda que sempre é negativo, pódeselle ver a parte divertida.
Moitas páxinas web utilizan estas páxinas de erro 404 para buscar unha complicidade co visitante e que non abandone o sitio só porque non atopou a páxina que gustaba. É por isto que nos atopamos auténticas obras de arte en forma de páxinas de erros 404. Hoxe traémosvos unha pequena colección destas páxinas para que as gocedes da mesma maneira que nós o fixemos buscándoas.
Xoga ao Space Invaders
A páxina de Kualo tenta escorrer o vulto cos erros 404, botándolle a culpa aos Space Invaders de que a páxina que buscamos non exista. Polo menos podemos entreternos xogando ao mítico xogo.
Hipnotízate co rato
Hotdot é unha páxina que lle gusta xogar con rato e a súa páxina de erro 404 demóstrao. Se facemos click na o imaxe veremos como o 404 explota co e vólvese a integrar segundos despois. Hipnotizante.
Nin os suricatos atópana
The Useless Web Index é un pouco desastroso, como o seu nome indica, e cando non atopa unha páxina deixa o labor a uns simpáticos suricatos. Pero por moito que esperemos tampouco a atopan.
Ao Ilustrator
Figma é unha páxina que se toma moi en serio o de deseñar e a súa páxina 404 demóstrao. Déixanos xogar coas letras de 404 e estiralas e deformalas coma se estivésemos dentro do Ilustrator
The post Un erro 404? Así son as mellores páxinas de erro da Internet appeared first on Xente Dixital.