Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Tecnoloxía do futuro presente: a estrutura flotante que podería limpar os nosos océanos

$
0
0

A contaminación dos nosos mares e océanos é un dos problemas máis graves aos que o ser humano ten que enfrontarse nas próximas décadas. O desenvolvemento descontrolado e a utilización de tecnoloxías e materiais prexudiciais para o medio ambiente conseguiron que a nosa auga estea tan contaminada que a vida nela está a minguar aos poucos.

Esta contaminación é unha alerta ambiental urxente e por esta razón, numerosas empresas puxéronse ao choio en buscar unha solución para limpar da mellor maneira os nosos océanos. Unha das ideas máis prometedoras vén dun mozo chamado Boyan Slat, que con 20 anos realizou un deseño dunha estrutura que sería capaz de limpar de maneira moi eficiente o lixo superficial que existe nos océanos.

Como funciona este sistema? Segundo o deseño de Slat, o sistema de limpeza baséase nunhas estruturas flotantes colocadas a determinada profundidade capaces de recoller de maneira pasiva e autónoma todo o lixo. Debido ao cálculo da profundidade, o sistema sería compatible coa vida mariña, xa que esta podería evitala simplemente rodeándoa ou pasando por baixo dela.

O sistema válese das correntes existentes para atraer o lixo ás barreiras flotantes que, de maneira autónoma, colléitana para despois recollela e procesala e reciclala como ten que ser.

O proxecto foi financiado a través de doazóns e crowdfunding e xa está en marcha. Slat prevé que estará listo para instalarse en 2018 e xa están a facer probas en diversos lugares. Segundo as súas estimacións, cun investimento de 320 millóns de dólares, poderíase limpar a metade do lixo do Océano Pacífico en tan só 5 anos.

Esperemos que o proxecto acabe funcionando tan ben como din e podamos, dunha vez, arranxar todo o desastre que fixemos ao longo dos anos.

The post Tecnoloxía do futuro presente: a estrutura flotante que podería limpar os nosos océanos appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú