
Cando falamos de buscadores, sempre nos vén á cabeza o nome de Google, ben porque é o máis completo e potente, ben porque ten montado unha especie de monopolio no mundo dos buscadores.
Aínda así, existen múltiples buscadores que, aínda que é imposible que fagan a competencia a Google, si que ofrecen determinados servizos que poden facer que sexan, para nós, unha alternativa para utilizar o buscador das letras de cores. Hoxe ensinámosvos catro que se poden ter en conta no noso día a día na internet.
DuckDuckGo
Este buscador con simpático nome basea a súa filosofía nunha soa palabra: privacidade. Se Google fai todo o posible por saber canto máis sobre ti, DuckDuckGo fai todo o contrario: non garda nosas procuras, non almacena información sobre nós e non ensina ningún tipo de contido patrocinado.
Yippy Search
Baixo unha interface minimalista, Yippy Search é un buscador que combina varios motores de procura para mostrarnos resultados canto máis completos mellor. O máis interesante deste buscador é que nos agrupa os resultados por temáticas, facendo moito máis sinxelo atopar a páxina que queremos.
E se nos interesa o tema da Deep Web, Yippy é o noso buscador, xa que é capaz de atopar sitios non indexados por outros buscadores.
Ecosia
Ecosia é un buscador simple e que, en aparencia, non achega nada diferente ao que nos pode achegar Google. Con todo, si que o fai, xa que os seus responsables prometen que destinan unha porcentaxe alta (falan dun 80%) a mellorar o medio ambiente. Cada vez que realizamos unha procura, esta é acompañada de publicidade e son os ingresos desta os que permiten, segundo eles, que se doou case 3 millóns de euros cos que se plantaron 6 millóns de árbores.
O máis interesante, e divertido, é que cada vez que realizamos unha procura ou facemos click nunha publicidade, o buscador conta as árbores que se plantaron grazas a nós.
The post Tres buscadores alternativos a Google que poden axudarche appeared first on Xente Dixital.