Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Fai hoxe 31 anos… 1984, o ano de Mac

$
0
0
mac_ad5

Tal día coma hoxe, 22 de xaneiro, en 1984 emitiuse o primeiro anuncio de televisión de Mac.

Cun custe dun millón e medio de euros, foi dirixido por Ridley Scott, que por aquelas xa era coñecido por grandes obras cinematográficas como Blade Runner ou Alien.

Este anuncio está fortemente inspirado na novela 1984 (aproveitando o ano en curso) de George Orwell, onde se debuxa a unha sociedade sometida a un réxime totalitario.

Velaquí a peza publicitaria

O anuncio de Mac presenta un dos primeiros ordenadores persoais que incluía un rato (hoxe tan común e en desuso polos dispositivos táctiles) e unha interface gráfica; isto é: que podemos interactuar cos elementos que vemos na pantalla sen necesidade dunha terminal.

Daquelas, quen dominaba o mercado da informática era IBM (salvando as distancias, dun modo similar ao poder que ten hoxe Microsoft), e Mac era un novo actor no sector.

Hoxe Mac vende millóns de equipos informáticos, aínda que os produtos que realmente revolucionaron a industria da informática, pola súa gran demanda e o seu elevado volume de ventas, foron o iPod, como reprodutor musical, o iPhone, como o referente na industria dos smartphones, e iPad, o referente das tablets

O anuncio emitiuse durante a Super Bowl, a final da liga de fútbol americana. É o evento televisivo do ano, polo que os anuncios que se emiten durante o descanso son os máis caros da televisión (NBC cobrou en 2015, por 30 segundos de publicidade, unha media de 4’5 millóns de euros). O spot recibiu moitos premios; para algúns, o mellor spot televisivo da historia

Se queres ver como era o primeiro mac, o protagonista do anuncio, Velaquí o tes. E se o que queres é saber máis sobre Steve Jobs, un dos creadores de Mac e unha das figuras máis destacadas do mundo da informática, aínda podes achegarte ao cine a ver a película sobre a súa vida.

The post Fai hoxe 31 anos… 1984, o ano de Mac appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú