Quantcast
Channel: Sabías que…? – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Rebaixas na rede: algúns consellos útiles

$
0
0
Las-rebajas-o-cómo-potenciar-las-curvas-de-tu-tienda-online

Segundo os datos publicados por El Economista consumimos de maneira diferente en épocas de rebaixas, e cada vez comparamos máis os prezos dos produtos e os mercamos a través de internet.

Las-rebajas-o-cómo-potenciar-las-curvas-de-tu-tienda-online

Os principais motivos para comprar pola rede nas rebaixas son conseguir un bo aforro e tratar de evitar grandes aglomeracións de persoas.

Nesta época do ano, os produtos máis demandados son o calzado, os abrigos e complementos coma os bolsos, e as mulleres son máis activas que os homes, sobre todo entre os 25 e os 34 anos de idade.

Sen embargo, para comprar na rede tamén fai falla atender a algúns elementos clave.

En primeiro lugar, lembra que as tendas físicas e as súas tendas online non teñen por que ter os mesmos descontos.

Doutra banda, o produto co prezo rebaixado debe ser da mesma calidade e ter as mesmas características que o produto orixinal. Así mesmo, debe presentar o prezo anterior e o prezo reducido ou, no seu defecto, a porcentaxe de desconto.

Ten moito tino cos gastos de envío. Ao prezo do produto debes sumarlle o custe dos gastos de envío e o período de envío do mesmo. Se non chega a tempo para o seu uso (como pode ser en caso de mercar para regalar) ou posúe uns gastos de envío que reducen substancialmente a rebaixa… ao mellor non é tanta oferta como pensabas.

Por suposto, o produto mercado pode ser devolto nas mesmas condicións e prazos que tiñan os produtos non rebaixados. Adoitan ser 14 días, pero non ten por que ser así; poden ser máis se a tenda así o estima preciso.

Se queres saber máis sobre as rebaixas, bótalle un ollo á publicación do Instituto Galego de Consumo, de gran interés para calquera cidadán que se achege a algunha tenda a comprar (ou o faga online, como nos gusta a nós) entre o 7 de xaneiro e o 29 de febreiro.

Ou, se o preferes, tamén podes botarlle unha ollada ao que levamos publicado no blog sobre rebaixas

The post Rebaixas na rede: algúns consellos útiles appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú